miércoles, 24 de octubre de 2012
domingo, 7 de octubre de 2012
Escolas Deportivas e Competición
As entidades deportivas encargadas dende uns anos de desenvolver ás Escolas Deportivas do Ies As Lagoas nas modalidades de Voleibol, Baloncesto e Bádminton, continúan este curso coa súa excelente labor que vai máis aló da instrucción e formación deportiva:
. Iniciación, aprendizaxe e perfeccionamento técnico- táctico das diferentes modalidades deportivas
. Inclusión do alumnado nas actividades de acondicionamento físico específico da propia entidade.
. Inclusión do alumnado nas actividades recreativas e competitivas da propia entidade; tanto de carácter oficial (Campaña de Deporte en Idade Escolar, Competición Federada) coma extraoficial (Torneos propios e doutras entidades educativas ou deportivas)
. Mellora da destreza motriz e as habilidades físicas básicas e específicas dos participantes.
. Mellora do equilibrio psicosomático e afectivo do alumnado, co correspondente beneficio nos resultados académicos.
. Mellora da socialización, autoestima, da convivencia, das relacións interpersoais, da responsabilidade, o respecto, a disciplina e tantos e tantos valores que farán dos alumnos uns adultos responsables.
. Favorecemento da adquisición de hábitos saudables , hixiénicos e preventivos de actitudes perxudiciais (práctica autónoma de actividades físico- deportivas en pro da boa saúde, ocupación proveitosa do tempo de ocio)
. Atención do alumnado fora do horario propio das escolas deportivas, nas xornadas de competición, nos desprazamentos, na manutención e na coordinación de todos os recursos da entidade-club (económicos e humanos) que se mobilizan chegada a hora da participación en eventos deportivos. (ademáis dos seguros, material deportivo específico, material didáctico, equipacións,...)
. Relación coas familias cun obxectivo común: beneficiar aos fillos na súa formaciónn integral .
Estas entidades queren facer unha INVITACIÓN a todos os membros da comunidade educativa do IES As Lagoas (padres, nais , ANPA, profesorado, membros do Consello Escolar...) a interesarse pola súa labor cos nosos alumnos, a visitalos nas súas sesións de traballo e, por suposto, a participar e colaborar activamente das súas actividades
A través deste blog poden contactar coa coordinadora, Nuria Fernández Valencia, que estará encantada en atender toda demanda neste sentido.
Esperamos que continúen coa súa crecente motivación e vocación de servicio ao alumnado, que vai moito máis aló da simple aportación dun monitor deportivo e cuns niveis de adicación e altruismo moi de valorar nos tempos que corren.
Agradecementos a todos e moito ánimo.
Unha aperta.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)