miércoles, 12 de diciembre de 2012

3º TORNEO DE NADAL OTERO PEDRAYO, 22 de decembro

FALADE CON NURIA

TORNEO DE BÁDMINTON DA CONSTITUCIÓN, 6 de decembro de 2012

COMPOÑENTES DO IES OTERO PEDRAIO

O día 6 de decembro desenvolveuse nas instalacións do Colexio dos  Salesianos, a primeira competición de bádminton escolar da tempada 2012-2013.
No ano de maior participación, medio centenar de xogadores competiron na modalida individual nas diferentes categorías.
Xogadores do IES OTERO PEDRAIO  do ATHLOS, IES LAGOAS, BOSCO e INDEPENDENTE
.

Resaltar a gran organización do club organizador BOSCO, co seu técnico DAVID SALVADORES á fronte.
PARABÉN A TODOS-AS.

ENLACE TORNEO
Xogadores do Independente

Xogadores do Athlos e Bosco

Lara, Marinha, Eira, Antela e Martín

Xogadores de Lagoas: Daniel Parajó e David González
MÁIS FOTOS

jueves, 22 de noviembre de 2012

lunes, 12 de noviembre de 2012

domingo, 7 de octubre de 2012

Escolas Deportivas e Competición


     As entidades deportivas encargadas dende uns anos de desenvolver ás Escolas Deportivas do Ies As Lagoas nas modalidades de Voleibol, Baloncesto e Bádminton, continúan este curso coa súa excelente labor que vai máis aló da instrucción e formación deportiva:
     . Iniciación, aprendizaxe e perfeccionamento técnico- táctico das diferentes modalidades deportivas
     . Inclusión do alumnado  nas actividades de acondicionamento físico específico da propia entidade.
     . Inclusión do alumnado nas actividades recreativas e competitivas da propia entidade; tanto de carácter oficial (Campaña de Deporte en Idade Escolar, Competición Federada) coma extraoficial (Torneos propios e doutras entidades educativas ou deportivas)
     . Mellora da destreza motriz e as habilidades físicas básicas e específicas dos participantes.
     . Mellora do equilibrio psicosomático e afectivo do alumnado, co correspondente beneficio nos resultados académicos.
     . Mellora da socialización, autoestima, da convivencia, das relacións interpersoais, da responsabilidade, o respecto, a disciplina e tantos e tantos valores que farán dos alumnos uns adultos responsables.
     . Favorecemento da adquisición de hábitos saudables , hixiénicos e preventivos de actitudes perxudiciais (práctica autónoma de actividades físico- deportivas en pro da boa saúde, ocupación proveitosa do tempo de ocio)
     . Atención do alumnado fora do horario propio das escolas deportivas, nas xornadas de competición, nos desprazamentos, na manutención e na coordinación de todos os recursos da entidade-club (económicos e humanos) que se mobilizan chegada a hora da participación en eventos deportivos. (ademáis dos seguros, material deportivo específico, material didáctico, equipacións,...)
     . Relación coas familias cun obxectivo común: beneficiar aos fillos na súa formaciónn integral .

     Estas entidades  queren facer unha INVITACIÓN a todos os membros da comunidade educativa do IES As Lagoas (padres, nais , ANPA, profesorado, membros do Consello Escolar...) a interesarse pola súa labor cos nosos alumnos, a visitalos nas súas sesións de traballo e, por suposto, a participar e colaborar activamente das súas actividades
     A través deste blog poden contactar coa coordinadora, Nuria Fernández Valencia, que estará encantada en atender toda demanda neste sentido.


     Esperamos que continúen coa súa crecente  motivación e vocación de servicio ao alumnado, que vai moito máis  aló da simple aportación dun monitor deportivo e cuns niveis de adicación e altruismo moi de valorar nos tempos que corren.

     Agradecementos a todos e moito ánimo.


    Unha aperta.

martes, 25 de septiembre de 2012

ESCOLAS DEPORTIVAS 2012-13


VOLEIBOL (Martes de 4 a 6 e mércores de 6 a 9)
TAEKWONDO (Luns e mércores de 6 a 7)
BÁDMINTON (martes e venres de 6 a 8)
BALONCESTO (luns de 6 a 7 e mércores  de 4 a 5)
ATLETISMO (Luns, mérc e venres de 6 a 8 no Pavillón dos Remedios)
RUGBY (xoves ás 7 e sábados ás 11)

domingo, 23 de septiembre de 2012

XOGO DE PRIMEIROS AUXILIOS.


Mirade este enlace da zona Educación Física ESO e Bacharelato



XOGA, ESTUDIA E DURME TODO O QUE POIDAS


PRESENTACIÓN "ZONA CLIC" PARA OS ALUMNOS

Ola a todos, benvidos ao Ies As Lagoas neste curso 2012-2013.
Queremos presentar unha nova zona interactiva principalmente dirixida aos alumnos onde compartir materiais relacionados coa materia de Educación Física (caderno do alumno, apuntes, artigos de interese, fichas de seguemento, baremos, programación, contidos mínimos, criterios de avaliación e de cualificación,etc) , información e novas sobre as escolas deportivas do centro, actividades complementarias do Departamento de EF, actividades extraescolares e todos aqueles contidos que estimemos de interese para a nosa comunidade educativa.
Para acceder, entra en EDUCACIÓN FÍSICA ESO E BACHERELATO, na parte superior da columna da dereita ou fai CLIC aiquí:

Libro recomendado



Quero recomendarvos esta obra de Allan Sillitoe titulada "La soledad del corredor de fondo". Foi escrita en 1959 e vai dunha serie de  personaxes pertencentes á clase obreira dos barrios marxinais da Inglaterra da postguerra que se buscan á  vida para subsistir.
 O protagonista  é un rapaz  que cumpre condena nun reformatorio por diversos furtos e nesa institución toma contacto co mundo das carreiras de fondo.
É un libro onde a dignidade do vencido é posta de manifesto frente ao poder do opresor e non vos deixará indiferentes.
 Ainda que recomendamos a adquisición deste libro, a rede nos permite a súa lectura en formato pdf. Fai Clic na imaxe e desfruta da lectura.


RESUMO EN IMAXES DOS ESCOLARES DE BÁDMINTON 2012




MIRA ESTA PRESENTACIÓN, inclúe fases previas, comarcal, provincial e autonómica.
                                                                   

TODA A INFORMACIÓN SOBRE A TEMPADA 2011-12 EN : badmintonourense.blogspot.com
Escolares