Quero recomendarvos esta obra de Allan Sillitoe
titulada "La soledad del corredor de fondo". Foi escrita en 1959 e vai
dunha serie de personaxes pertencentes á
clase obreira dos barrios marxinais da Inglaterra da postguerra que se buscan á
vida para subsistir.
O protagonista é un rapaz que cumpre condena nun reformatorio por
diversos furtos e nesa institución toma contacto co mundo das carreiras de
fondo.
É un libro onde a dignidade do vencido é posta de
manifesto frente ao poder do opresor e non vos deixará indiferentes.
Ainda que
recomendamos a adquisición deste libro, a rede nos permite a súa lectura en formato
pdf. Fai Clic na imaxe e desfruta da lectura.
hola nuria, soy Bárbara Rodríguez de 1A :3
ResponderEliminar