martes, 25 de septiembre de 2012

ESCOLAS DEPORTIVAS 2012-13


VOLEIBOL (Martes de 4 a 6 e mércores de 6 a 9)
TAEKWONDO (Luns e mércores de 6 a 7)
BÁDMINTON (martes e venres de 6 a 8)
BALONCESTO (luns de 6 a 7 e mércores  de 4 a 5)
ATLETISMO (Luns, mérc e venres de 6 a 8 no Pavillón dos Remedios)
RUGBY (xoves ás 7 e sábados ás 11)

domingo, 23 de septiembre de 2012

XOGO DE PRIMEIROS AUXILIOS.


Mirade este enlace da zona Educación Física ESO e Bacharelato



XOGA, ESTUDIA E DURME TODO O QUE POIDAS


PRESENTACIÓN "ZONA CLIC" PARA OS ALUMNOS

Ola a todos, benvidos ao Ies As Lagoas neste curso 2012-2013.
Queremos presentar unha nova zona interactiva principalmente dirixida aos alumnos onde compartir materiais relacionados coa materia de Educación Física (caderno do alumno, apuntes, artigos de interese, fichas de seguemento, baremos, programación, contidos mínimos, criterios de avaliación e de cualificación,etc) , información e novas sobre as escolas deportivas do centro, actividades complementarias do Departamento de EF, actividades extraescolares e todos aqueles contidos que estimemos de interese para a nosa comunidade educativa.
Para acceder, entra en EDUCACIÓN FÍSICA ESO E BACHERELATO, na parte superior da columna da dereita ou fai CLIC aiquí:

Libro recomendado



Quero recomendarvos esta obra de Allan Sillitoe titulada "La soledad del corredor de fondo". Foi escrita en 1959 e vai dunha serie de  personaxes pertencentes á clase obreira dos barrios marxinais da Inglaterra da postguerra que se buscan á  vida para subsistir.
 O protagonista  é un rapaz  que cumpre condena nun reformatorio por diversos furtos e nesa institución toma contacto co mundo das carreiras de fondo.
É un libro onde a dignidade do vencido é posta de manifesto frente ao poder do opresor e non vos deixará indiferentes.
 Ainda que recomendamos a adquisición deste libro, a rede nos permite a súa lectura en formato pdf. Fai Clic na imaxe e desfruta da lectura.


RESUMO EN IMAXES DOS ESCOLARES DE BÁDMINTON 2012




MIRA ESTA PRESENTACIÓN, inclúe fases previas, comarcal, provincial e autonómica.
                                                                   

TODA A INFORMACIÓN SOBRE A TEMPADA 2011-12 EN : badmintonourense.blogspot.com
Escolares